Dende o día 1 e ata o día 15 deste mes, e no Concello de Celanova, terá lugar o único Campo de Traballo Social de Galicia e un dos poucos existentes en toda España.

De diferentes puntos da xeografía peninsular, Brasil, México, Francia e más Italia, os/as participantes realizarán actividades de animación e lecer na Residencia da Terceira Idade, participando e organizando tamén diversas opcións que disfrutarán os veciños e veciñas da vila dos poetas.

Se queredes + información, seguide día a día o noso Blog adicado ao Campo: http://campodetraballosocial12.blogspot.com.es/