Continuando coas actividades do Campo de Traballo sociocultural no Concello de Celanova, onte tivemos a visita de D. Ovidio Rodeiro , Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, que acudiu acompañado de D. Rogelio Martínez, Delegado da Xunta de Galicia en Ourense.

Durante este tempo, puideron visitar as instalacións do Albergue Municipal, así como intercambiar verbas cos/coas participantes chegados/as de diversos países.

Por outro lado, as actividades de carácter social seguen a realizarse na Residencia de persoas «de xuventude acumulada» de  San Carlos, sendo unha experiencia única dentro dos Campo de Traballo galegos.

Se queredes máis información ou facer un seguemento das actividades que estamos a realizar, visitade o noso blog!

http://campodetraballosocial12.blogspot.com.es/