Dende a pasada semana, LÚCETE LECER SLL forma parte de Abertos en Galego, un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

Este acordo, a través da Mesa pola Normalización Lingüística, vén a apoiar a defensa que dende LÚCETE se fai da nosa cultura no eido do tempo libre e do lecer.

Máis información:

http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/322