¡¡¡Apúntate xa ao Campamento da Deputación de Ourense!!!

Xa está aberto o prazo para inscribirse ao Campamento «Ourensanía», organizado pola Excelentísima Deputación de Ourense e o Concello de Celanova, coa xestión de LÚCETE LECER SLL.

¡¡Un viaxe no tempo por Ourense!!

Durante 6 días, poderedes coñecer a historia da nosa provincia a través de xogos, cancións, historias, … todas elas con visitas ao CastroMao, Vilanova dos Infantes, Celanova

QUENDAS

do 5  ao 10 de agosto

do 12 ao 17 de agosto

do 19 ao 24 de agosto

do 26 ao 31 de agosto

LUGAR

O campamento desenvolverase no Concello de Celanova, durmindo nas instalacións do albergue xuvenil

DESTINATARIAS/OS

Rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos da provincia de Ourense

Para ter máis información, podedes achegarvos á OMIX do voso Concello ou á Concellería de Xuventude do mesmo (ou a través do correo electrónico informacion@lucete.info e teléfono 661120370).