OLA!! Dende LÚCETE, en colaboración co Área de Voluntariado do Concello de Ourense, convócase o seguinte curso:

O RECURSO AUDIOVISUAL COMO FERRAMENTA DE INTERVENCIÓN EN VOLUNTARIADO

Este curso vai dirixido a persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.

Cunha duración de 15 horas, trataranse entre outros os seguintes temas:

  • Identidade dixital e desenvolvemento profesional. Os profesionais e as persoas que serven
  • Unha proposta para navegar nas TIC e redes sociais (Twitter, LinkedIn, Facebook, etc.)
  • Pros e contras das TIC…convivindo ou pelexando con elas
  • Ferramentas para organizarse como un equipo.

As datas de impartición serán: 9,10,11,12 e 13 de decembro e cun horario de 18:00 a 21:00 horas

* Data límite de inscrición: 4 de decembro

+ Información no seguinte enlace:

http://www.ourensevoluntario.org/infocurso.php?id=21#middleCenterDiv