Onte LÚCETE LECER SLL foi convidado a participar na «Xornada de Recursos educativos en galego: Educación Social», celebrada na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde tivemos a ocasión de explicar a experiencia do Campo de Traballo de carácter social, levado a cabo na cidade de Ourense, nos anos 2009, 2010 e 2011.

Nesta actividade, tivemos a sorte de colaborar con varias entidades como ASPANAS, AIXIÑA, TERANGA, MOREA, AMENCER, Escola Popular Xaquín Lorenzo, entre outras. Todo un pracer!!!