Aberto o prazo para apuntarse aos obradoiros dos Centros Cívicos do Concello de Ourense:
38 cursos que serán gratuítos e o único requisito é estar EMPADROADO no Concello de Ourense. As persoas interesadas poden inscribirse desde o luns, 10 ATA O 18 DE OUTUBRO DE 2016 (ambos incluídos). As solicitudes pódesen recoller xa nos centros cívicos e na oficina de Atención cidadá. Hai que cubrilas, adxuntar fotocopia do DNI ou volante de empadroamento e entregalas no Rexistro Xeral (sito na Casa do Concello, na Praza Maior).

Na solicitude figurarán as tres actividades favoritas por orde de preferencia, e nas que LÚCETE participa con «Patinaxe», «Mantemento da Bicicleta» e «Creación de Radio Online».

Xa sabedes!!